Estaban en puntos case opostos, vían a vida dende diferentes lados dunha mesma mesa. Ela era nova e alegre, el escuro e no seu rostro adiviñábanse os trazos dun fracaso que lle chegara demasiado cedo e aínda non superara. Era media tarde e xa estaban vestidos para ir á festa que comezaba dúas horas máis tarde.
- Algún día deberías deixar de fumar, dicíalle el.
- Vesme co pitillo na boca agora mesmo? Estou farta de que me controles.
Apoiando unha man na outra, intentando disimular os tremores da súa perna dereita quería dicirlle o moito que a quería, mais non conseguía que as verbas saíran dos seus beizos. Cada palabra que articulaba era un erro. A diferenza de idade era unha pedra no camiño que non conseguían saltar.
- Non quero controlarte, so quero o mellor para ti.
- Non sei se iso é o queres. Teño que aprender a mentirche, e ti a dicirme a verdade.
- So ves escuridade ao meu redor. Sabes que para min es o máis importante, a única que consegue alegrarme os días. Nunca che mentiría.
- Non empeces, non quero falar de nos, non quero que cada conversa remate cuestionándonos o porque da nosa relación. Deixa xa o conto e céntrate. Dígoche que non me apetece ir a esa festa. Non quero estar rodeada dos teus compañeiros de traballo. Non me gusta que me miren como se fose unha nena a que deixarás de querer cando a idade se empece a notar na miña pel. Non quero ser un xoguete co que che gusta divertirte e do que te vas a cansar antes de que pases a seguinte folla do calendario.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario