viernes, 15 de mayo de 2009

A ponte de Charing Cross (Monet) por Noelia García

Do texto de Beatriz Lorenzo


It,s my only hope...

Na na na na na e a moza virxe e atolondrada camiñaba pola ponte, camiñaba cos cantares no pico, coma Rosalía. Era gris, desmotivadamente gris. E como estaba tola escollía camiños imposibles nos que pederse. Azul. Auga e ceo. Azul da vida, daquela última esperanza que lle resonaba nos tímpanos: My only hope...

Desexaría te-la capacidade da posesión: quérote e fago chass e téñote, e ves cara min sen sequera darte conta. A facultade cromática do arco da vella. Camaleónico, coma os seus ollos avelá, verdes se choras. Verde coma a esperanza aceda das pontes nas que buscaba rebuscaba verdades que non viñan.

Estar tolo é a cousa máis bonita que lle pode suceder a ninguén. Desdirixirse (polos camiños e as pontes), ve-lo que non hai (estremécete), atopar amigos imaxinarios, rir escoita-las voces as outras voces rir, senti-la alma pequeniña, a encollerse debaixo da camisa.

Mariela ten dezasete anos e os ollos virxes, as mans pequenas e o corpo de neve. Ás veces canta no peirao nanananana...e os máis dos días ámao sen piedade. Ámao como nunca antes lle falaran do amor, estremécete, e escoita a súa voz. Camiña desorbitada na procura da resposta, descalza e núa pola ponte de Charing Cross.

Ignora que Él a observa cada día, que lle cruza as mans cando dorme...


Noelia García

No hay comentarios:

Publicar un comentario