miércoles, 6 de mayo de 2009

Nighthawks, Mari Carmen Rama

Rematei as balas. Os corpos xacían naquela cafetería como aqueles que vía de pequeno nas macabras pinturas que cubrían as paredes da igrexa á que acudía cada domingo. A violencia era para min un ritual ancestral do que non podía escapar. Levaba anos traballando para un home que fixera que as miñas mans estiveran día a día tinguidas da cor vermella a que máis temía, a da sangue. Un líquido vital que levaba sendo o meu compañeiro de viaxes demasiados anos. A nosa era unha relación de amor odio coma a de Red Bartlett e Scarlet O'hara. Despois de intentar deixar de matar dérame conta que non podía vivir sen o pracer que me facía sentir o último alento das vidas ás que poñía fin. Mais ao fin e ao cabo, sabía que se non era eu o que remataba coa historia de cada un deses nomes que día a día se ían sumando coa tinta da morte ao meu caderno de éxitos, outro sería.

Ring-ring.

De súpeto o son do móbil fíxome volver en min, levaba horas conducindo sen parar pero non lograba saber con claridade como conseguira seguir na estrada os últimos minutos.

- Bo traballo Manolo, coma sempre, rápido, discreto e infalible.
- Grazas.
- Non me deas as grazas, téñoche outro traballo para maña. As 12 e media da noite, no bar A ventana estará Xaquín García. Tes xa unha fotografía del no teu buzón. Xa sabes o que hai que facer.

Sen dicirme nin unha verba máis colgou o telefono. Sen dúbida, o estrano sería que se despedise.

Cheguei a casa canso, demasiado canso para o fácil que resultara o traballo desa noite. Abrín unha botella de Four Roses. Deixei caer unha boa dose dese bourbon que tanto me prestaba nun vaso e tireime no sofá coa fotografía de Xaquín na man e un cigarro na outra. Algo se movía dentro de min ao mirar aquel retrato. Algo tiña aquel rostro que non me deixaba estar tranquilo e me facía tremer. Caín na conta, aquel home que estaba dentro da fotografía era Xocas, un bo amigo que compartira aulas comigo nunha facultade da que hoxe non quedaba máis que o lugar onde fora construída. Deixei a foto xusto ao borde do sofá, acendín a radio e tireime na cama mentres escoitaba as teclas do piano de Bill Evans, maña ía ser un día difícil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario