Como nunca lle prohibiran soñar sempre gabeaba. Subía. Ascendía no tempo e no espazo, nas pequenas cousas. Incluso nas persoas todas que o rodeaban. Causaba un lene impacto na xente. Por iso quixera ser soldado. Soldado das ideas, da paixón (de novo) a gabearlle polas costas, daquela esperanza nena de ve-lo mundo cambiar.
Xogaba, deste xeito, coa metamorfose adherida ó uniforme. Loitaría. Empuñaría armas de fogo. Voaría, e sobre todo e sempre, soñaría.
Na casa daquel home escoitarase moitas veces unha palabra menuda, case aceda. Era a liberdade.Eran as mans rotas do tempo e as colleitas.
Da terra ó ceo erguía a mirada cun toque romántico...para rematar así, co xesto alto, tomando parte dunha estraña silueta.
Caera do ceo. Cos puños teimudos de quen ferve en cada paso, de quen gabeara dende o día primeiro. Amaríaa sempre...á liberdade.
Noelia García
lunes, 16 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario