Uns poucos nacen co paso firme, outros co paso cambiado e os máis, coxos de ambas as dúas pernas. Co devagar dos anos, os que viran ao mundo co paso firmo pasaron toda a vida a ritmo marcial co taconeo de botas soldadescas enxorndecendo coa súa marcha. Algunhas boas mulleres, incautas e cándidas, aprauden co sorriso pendurado dos beizos e saúdan a un becerro de ouro. Eran outros tempos, eran tempos de viño e rosa nos que, quen máis quen menos estaba embriagado pola grandeza que se veu abaixo entre Paisas, Romas, ctittàs apertas; e Alemañas, ano cero no corazón de Milán. Aqueles rapaces antes das bombas e das guerrillas estaban chamados a camiñar detrás do Duce da quenda. Naceran para príncipes, pero acabaron destronados. Vagandos, orfos de futuro e cargando co pasado as súas costas. Non hai taconeo de botas polas rúas de Milán, só o eco dos pés enchoupados. De charco a cherco e tiro por que me toca. Tempo perdido no futuro. Algúns nacen para ser príncipes, outros para non ser nada. Os duces veñen e van. Algún nace para ser príncipe e acaban abertos en canal coma os porcos nalgunha praza de Milán. Tempo perdido. Véndese Carne de porco! Hipotécase futuro!
---
EMMA
A época de grandes dictadores quedara atrás, pero as pegadas das súas férreas botas aínda perduran. Un horizonte nos albores para as novas xeracións, un horizonte hipotecado por un soño errado de logors, conquistas e medallas. O home que foi neno e a muller que foi nai fican apamapados ante un futuro presente no que os brazos non se erguen por resorte militar. Caen os brazos en Berlín e os muros tamén en tempos de mudanzas. Secais non estea todo perdido para os que virán, pero aqueles que foron nai mercaron promesas a prezos de futuros. Os futuros hipotecados de aqueles que foron nenos. Hipotecados por carne de porco para queimar nas rúas de Berlín.
viernes, 13 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario