viernes, 13 de marzo de 2009

Carta de presentación, de X.A. Neira

(falta o texto)

- - -

2) O traballo da súa vida, javier fraiz
- Armando, tes que acougar
- Laura, a ver que saco eu disto. Dependemos deste traballo!
- Pero home, xa o sei. Tes que te tranquilizar se queres causar boa impresión. Estás a suar!
Armando leva case un ano saltando dun emprego a outro. O máis que durou foi cando lle ofreceron o cargo de sacristán na aldea. O oficio viuse frustrado cando morreu Don Armindo, o crego, e o bispado destinou un home de confianza xunto ó novo padre.
Agora non quedaba opción para máis despedimentos. A familia de Armando, matrimonio e dúas fillas pequenas, estaba en cernes da insolvencia.
Traxe e corbata de saldo. Coidara o vestiario o máis que se podía permitir. Nun cartafol azul ordeou todos os méritos da súa vida, cartas de recomendación de algúns dos seus xefes -incluso o dun primo que foi concelleiro na capital-, e unha carta de presentación dirixida ó empregador.
Demandábase un posto de domador para un programa de variedades e celebridades.
Armando ficaba con Laura ó final da ringleira para o casting. De neno, foi un apasionado do circo. Durantes os períodos nos que unha compañía calquera visitaba a vila do lado, Armando saía da escola pensando no espectáculo. Quedaba na primeira fila para, ó remate, ver como recollían as xaulas, os aparellos, como conducían ós animais cara os vagóns.
Armando foi tan asiduo durante anos -realmente toda a súa nenez- que fixo amizade co domador e director do circo. El deixábao ver cousas do circo que ían máis alá do que pagaba pola entrada. Armando inda gardaba os látigos que o domador lle regalaba cada pouco tempo. Eran faltos de tensión, tiñan a empuñadura gastada, mais Armando conservábaos como un verdadeiro tesouro.
Quedaran na parte traseira do coche, por se acaso alguén lle pedía unha credencial da súa historia.
- Armando Pérez Sueiro... alias Armando Gaiolas
- Sorte, cariño!
Aí entra Armando, preparando o discurso perfecto, cun cartafol pouco cumprido para toda unha vida debaixo do brazo.

"Reducir" de Saio.

Estoy en mi despacho de siempre. Llevo toda la mañana leyendo diferentes cartas de presentación. Antes, no las leía, pero, he decidido empezar a leerlas. En la empresa estamos notando las consecuencias de la crisis y nos interesa encontrar trabajadoras / es que tengan diferentes formaciones. Así, reducimos los gastos de personal.

(Son pensamientos del/ a Director /a )

Domador, Bety Lorenzo

Se cadra si. Se cadra podía ser domador. Foi xa tantas cousas que nin me lembro. Pero mira que dárselle por ahí...¡Alá el! A min con que traia cartos para a casa para poder darlle de comer ós nenos, dame igual o que sexa. Porque eu mátome a traballar catorce horas ó dia para poder vivir e o señorito nada. ¡El de paseo ou no bar botando a partida cos amigos! Que se árbitro, que se xardiñeiro, que se paiaso, que se humorista. ¡Se este home xa foi de todo! ¿Pero no se cansará de tantos traballos distintos? Boh! Se quere ser domador que sexa. A ver se ten sorte e lle dan o posto de traballo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario