lunes, 16 de marzo de 2009

Onde queima a carne

Quixeran nega-la súa existencia en máis dunha ocasión. Miles de científicos, investigadores e historiadores afirmaran convencidos que non era real, biolóxica nin demostrable.

Escoitábase no patio asfaltado o tumulto, e eco mesmo dun silencio cauteloso que daba paso ó ruxe ruxe que se dirixía polas rúas. Fervíalle-lo sangue nas veas. As baldosas latexaban dun modo case tatexo. Todo era cuestión de ritmo, do cardíaco.
Ó tempo que executaba o primeiro movemento aquel neno xitano daba comezo ó acto sublime: flamenco, onde queima a carne.
Poucos souberan comprende-la súa civilización, conseguíndoo, case sempre, homes de palabra e corazón; poetas e estrelas do rock.

No primeiro intre, o de frunci-lo ceño, amósase a valentía. O coraxe de filtra-la esencia das cousas. Os corpos espidos. O baile.
Falara deles Lorca tentando dignificalos. Xitanos das romerías, dos pendentes de ouro e das palabras graves. Elevados polo flamenco ó cumio da éxtase, do sen sentido. Rendendo o corpo como ferramenta á máis fermosa exaltación da vida.

Negaran a súa existencia numerosos parlanchíns alleos ó que falaban. Para sentila, dixera Camarón, había que bailala. A raza.



Noelia García

No hay comentarios:

Publicar un comentario